→O BNG de Barbadás
O BNG de Barbadás
Grupo Municipal
Consello Local
Novas municipais
Mocións presentadas polo BNG
→Parroquias
Loiro
Bentraces
Sobrado do Bispo
Parada
Piñor
Barbadás
A Valenzá
O Pontón
→O BNG en internet

Ligazóns

→Voceiros do BNG de Barbadás

 

 

Especial "O Galo" COMERCIO LOCAL Xaneiro de 2007


"O Galo" Número 2 Outubro de 2006

"O Galo" Número 1 Marzo de 2006

Revista Barbadás.2003

→Seccións
Horario de autobuses
Paradas de taxis

→Educación
 
A páxina dos ríos galegos
 

 

 
Alegación para apresentar no Concello de Barbadás solicitando a retirada da taxa de vertidos e saneamento da auga de Barbadás.

 

Aprobaron unha nova taxa por vertidos e saneamento da auga

O PP aumenta o recibo da auga un 41 % para o ano 2008

A pesar de non ter depuradora e levar a auga á que ten Ourense en Reza, o PP incrementará o recibo da auga unha media do 41 %. Aumenta, ademais, un 2.7 % a tarifa do abastecemento de auga.

 

BARBADÁS 2007

BARBADÁS 2008

CONCEPTO

cantidade

prezo unitario

importe

cantidade

prezo unitario

importe

Consumo auga

Cota fixa

 

 

7´60

 

 

7´81

 

Consumo

40  m3

0´5685

22´74

40 m3

0,5838

23´35

Conser. contador

Cota fixa

 

 

0´54

 

 

0´55

Conser. acometida

Cota fixa

 

 

0´27

 

 

0´28

Canón saneamento

Xunta de Galiza

40 m3

0´2010

8´04

40 m3

0´2064

8´26

vertido

Cota fixa

 

 

 

 

 

3´00

 

Consumo

 

 

 

40 m3

0´30

12´00

IVE

 

7% s/30´34

 

2´12

7% s/31´16

 

2´18

 

 

0% s/ 8´04 (non suxeito)

 

0´00

0% s/ 8´04 (non suxeito)

 

0´00

 

 

16% s/0´81

 

0´13

16% s/0´83

 

0´13

 

 

 

 

 

7% s/ 15

 

1´05

TOTAL

 

 

 

41´44

 

 

58´61

 

 

 

 

 

 

 

 

 

58´61 – 41´44 = 17´17   17´17 / 41´44 = 41 % de incremento

Suba da tarifa de abastecemento de auga: 2´7 % (IPC interanual setembro)

Ourense e Barbadás depuran as súas augas na mesma depuradora, a de Reza. A empresa concesionaria do abastecemento e saneamento da auga é a mesma en Ourense que en Barbadás, Aquagest.

 Unha familia cun consumo medio de 20 m3 por mes, paga en Ourense, en cada recibo (bimensual) 22´67 €, mentras que en Barbadás, co mesmo consumo paga 57´49 €.

 

OURENSE

BARBADÁS

CONCEPTO

cantidade

prezo unitario

importe

cantidade

prezo unitario

importe

Consumo auga

Cota fixa

 

 

 

 

 

7´60

 

Consumo

40 m3

0´3883

15´53

40 m3

0´5685

22´74

Conser. contador

Cota fixa

 

 

 

 

 

0´54

Conser. acometida

Cota fixa

 

 

 

 

 

0´27

Canón saneamento

Xunta de Galiza

18 m3

0´2010

3´62

40 m3

0´2010

8´04

vertido

Cota fixa

 

 

 

 

 

3´00

 

Consumo

18 m3

0´0914

1´65

40 m3

0´30

12´00

saneamento

 

18 m3

0´0343

0´62

 

 

 

IVE

 

7% s/15´53

 

1´09

7% s/30´34

 

2´12

 

 

0% s/3´62 (non suxeito)

 

0´00

0% s/ 8´04 (non suxeito)

 

0´00

 

 

7% s/2´27

 

0´16

16% s/0´81

 

0´13

 

 

 

 

 

7% s/ 15

 

1´05

TOTAL

 

 

 

22´67

 

 

57´49

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O BNG de Barbadás denuncia a proliferación de vertedoiros ilegais en todo o concello e a apatía amosada ante estes actos por parte do grupo de goberno.

O grupo nacionalista de Barbadás denuncia que recentemente se teñen producido verquidos de neumáticos en distintos lugares do noso concello.

Tamén queren facer constar as queixas veciñais en relación a outros verquidos existentes no concello (colchóns, electrodomésticos,  restos de obras, etc.). Xunto coa contaminación ambiental e a mala  imaxe do concello supoñen un problema de saúde para os veciños e veciñas, así como un risco enorme como foco de propagación de lume no monte, sobre todo, neste días de sequía que estamos a padecer.

O BNG solicitaralle ao Alcalde, Freire Couto,  que ordene ás brigadas municipais a recollida inmediata dos neumáticos e a limpeza do resto dos verquidos que se espallan sen control ao longo do noso territorio. Os nacionalistas esixen tamén  que se fagan as xestións oportunas para darlle un destino final acaído a estes residuos e que se denuncien ante o Seprona estes actos vandálicos para clarificar quen ou quenes son os responsables e adoptar así as medidas sancionadoras que sexan de aplicación.

Fotografías dos vertedoiros ilegais e situación.

Acede á nota de prensa

 

O Pleno do Concello de Barbadás aproba unha moción apresentada polo BNG para catalogar, inventariar, recuperar, preservar e promover o Patrimonio Histórico-Artístico e Etnográfico municipal

O BNG segue a liderar as iniciativas municipais, e desta vez foi con motivo dos bens do noso patrimonio cultural, etnográfico e histórico que se evidenciouo que as propostas dos nacionalistas marcan o paso no concello.

 Máis información en "Mocións presentadas polo BNG"

 

Segundo o grupo de goberno, isto non sería posíbel até mediados do ano que vén

O BNG solicita a inmediata posta a disposición da Consellaría de Educación dun solar para a construción dun instituto

Despois de enganar a todas as veciñas e veciños de Barbadás, cando en precampaña se sumaban á demanda dun instituto, agora o PP non fai os deberes e non ten os terreos dispoñíbeis para a ubicación do centro de secundaria.

 Máis información en "Mocións presentadas polo BNG"

O novo grupo de goberno municipal do BNG agradece a todos e todas os votantes o seu apoio e póñense a disposición da veciñanza para o que consideren oportuno.

                

Xosé Manoel Fírvida, Ánxela González e Serafín Núñez, os tres concelleiros e concelleira do BNG

Asemade, Ánxela, Sarín e Fírvida agradecen aos afiliados e afiliadas e a todos os simpatizantes do BNG a axuda e o traballo desenvolvido durante a campaña eleitoral.

A TODAS E TODOS VÓS, MOITAS GRAZAS!!!

 

O BNG SOLICÍTALLE AO CONCELLO DE BARBADÁS QUE CREE UN FONDO DE EMERXENCIA QUE SIRVA PARA ATENDER OS CASOS DE MULLERES EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO

No último pleno do Concello de Barbadás celebrado o pasado día 7 de novembro o BNG conseguiu o compromiso do grupo de goberno para crear un fondo de emerxencia para atender aos casos de mulleres en situación de violencia de xénero no Concello.

Acede á nota de prensa

 

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2007 EN BARBADÁS

GRAZAS POLO VOSO APOIO

1249 votos      aumento de 263 votos       un 26,7 % máis

Grazas ao apoio dos veciños e veciñas de Barbadás, o BNG foi a forza que máis medrou en número de votos nas eleccións municipais de maio.

Desde o BNG de Barbadás queremos agradecer a confianza depositada en nós polos 1249 votantes e