![]() |
|||||||||||||||||||||||||||||||||
|
MOCIÓN SOBRE A INSTALACIÓN DE ANTENAS DE TELEFONÍA MÓVEL EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Os debates relativos aos efeitos das radiaccións electromagnéticas, emitidas polas estacións retransmisoras de telefonía móvel, sobre a saúde humana son cada día máis frecuentes na sociedade actual. No concello de Barbadás, a recente denuncia viciñal de instalación sen licenza dunha antena transmisora de telefonía celular nunha área con ampla ocupación humana como é a do núcleo urbano d’A Valenzá e próxima a un Centro de Saúde, xunto coa demora dun mes en actuar por parte da equipa de goberno local, ten criado alarma social entre a poboación. A Lei Reguladora das Bases do Réxime Local asinala que a “salubridade pública” é unha competencia básica para todas as corporacións locais. Aliás, no art. 80 da lei 5/1997, de 22 de Xullo, da Administración Local de Galiza, especifícase que os concellos exercerán, en todo caso, competencias de ... f) protección do meio ambiente, e ... h) protección da salubridade pública. É, portanto, unha obriga ineludíbel deste Concello regular as condicións urbanísticas e meioambientais ás que deben someterse a ubicación, instalación e funcionamento das infraestruturas radioeléctricas, á fin de que a súa implantación se realice con todas as garantías de seguridade e salubridade para a cidadanía. Ademais, é necesario que esta entidade municipal faga valer o chamado “principio de precaución ou prevención” formulado polo Parlamento Europeu para os límites de exposición aos campos electromagnéticos non ionizantes, perante o posíbel risco de salubridade pública. Na anterior lexislatura, o BNG xa advertira desta necesidade e o grupo de goberno municipal evadira responsabilidades argumentando vacío de competencias e deixando facer ás empresas privadas de telecomunicacións, que cometen constantes abusos ao non solicitar o preceptivo permiso municipal de instalación das estacións retransmisoras, evitando de pagar as taxas correspondentes e impedindo a verificación do atendimento ás normas de seguridade. Por todo o indicado, solicitamos do Pleno a adopción dos seguintesACORDOS1. Elaborar un regulamento de instalación de antenas de telefonía móvel, de acordo coas directrices da FEGAMP, atendendo ás especificidades do noso Concello, e consensuado entre os grupos políticos municipais e membros de colectivos viciñais e sociais. 2. Abrir o correspondente expediente ás empresas que teñan instaladas antenas no territorio municipal e que non lles fose concedida licenza municipal. 3. Aplicar o principio de precuación ou prevención formulado polo Parlamento Europeu, priorizando os intereses da defensa da salubridade pública por riba dos intereses empresariais das operadoras privadas de telecomunicacións. Barbadás, 18 de Abril de 2007 MOCIÓN SOBRE O 8 DE MARZO ‘DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES’EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O consenso social conseguido canto á necesaria participación das mulleres na sociedade e canto á condena da violencia de xénero, non permitiu aínda a eliminación da lacra da violencia de xénero, nin evitou que aínda persistan obstáculos evidentes que dificultan que a sociedade responda plenamente ás necesidades e desexos das mulleres, así como que se teña en consideración a necesidade de traballar para eliminar a invisibilidade das mulleres ao longo da historia. Estas dificuldades veñen por parte das administracións públicas e por parte da sociedade mesma, que seguen a oferecer resistencia ás mudanzas nun momento de tránsito entre unha cultura patriarcal a outra cultura de igualdade. No marco político en que nos desenvolvemos, onde contamos con iniciativas e proxectos lexislativos concretos da Xunta de Galiza que teñen como fin, en materia de Igualdade, impulsar programas de acción dirixidos a eliminar os estereotipos sexistas e a violencia de xénero, e criados para promocionar de maneira transversal, a igualdade e a corresponsabilidade nas persoas e na sociedade, é importante que a administración local se sume a estas iniciativas e proxectos. Na loita pola igualdade de oportunidades e contra a violencia de xénero, é vital a coordenación e a cooperación entre todos os niveis da administración. Na medida en que a administración local -polas oportunidades que proporciona a proximidade á cidadanía, e o coñecimento directo das súas necesidades e intereses- traballe para implementar políticas que incorporen a perspectiva de xénero, tendo en conta as particularidades das mulleres, e manifeste este compromiso de cara ás próximas eleicións locais, seremos capaces de acadar resultados. Trátase de construír unha nova cultura na forma de facer política, co convencimento de que isto nos levará a unha sociedade máis igualitaria, integradora e solidaria. Polo dito proponse a adopción dos seguintes ACORDOS Asumir como ponto de partida ineludíbel no momento en que estamos, que as accións e medidas para acadar a igualdade son tarefa de toda a corporación municipal, corresponsabilizándose todas e cada unha das áreas de goberno de levalas a cabo. Elaborar, de non existir, ou impulsar con firmeza, planos e programas de igualdade que teñan en conta as seguintes liñas estratéxicas: - Criar, através da coordenación coas administracións, servizos e recursos (ou potenciar os que xa existen) para a información, orientación e asesoramento ás mulleres que están a sofrer a violencia de xénero. - Fomentar a Educación non sexista desde o Consello Escolar Municipal, en colaboración coas ANPAs e o profesorado dos Centros Escolares. - Promover programas de promoción da saúde, elaborados e desenvolvidos desde a perspectiva do xénero, en colaboración coas e cos profesionais da saúde do concello. - Adoptar o compromiso no goberno municipal de marcar o obxectivo de equilibrar nos diferentes órgaos de xestión a presenza de mulleres e homes. Considerar a aparición igualitaria nas comparecencias públicas do Concello para promover a representación paritaria na toma de decisións e eliminar a linguaxe sexista de todos os textos do concello. - Estabelecer que os estudos, estatísticas, informes, etc.., se fagan desde a perspectiva do xénero, na súa orientación, nos seus contidos explícitos e ocultos e, por suposto, na linguaxe que se utiliza para a súa exposición. - Garantir que todas as organizacións que receban financiamento público (contratas, servizos, subsidios...) adopten prácticas non discriminatorias. - Promover a participación das mulleres nos meios de comunicación municipais a todos os niveis (xestión e produción de programas, redacción, realización, etc.) , no que se refire ao tratamento da imaxe da muller e da violencia de xénero, tanto na linguaxe explícita coma na oculta. - Promover a recuperación da Historia das Mulleres, actuar localmente na súa recuperación, fomentando o seu coñecimento e recoñecimento mediante accións concretas de carácter divulgativo e rememorativo, promocionando a presenza das mulleres nos espazos públicos, nos nomes das rúas, prazas, e outros espazos. Barbadás, 28 de Febreiro de 2007
MOCIÓN EN APOIO AO PLANO INDUSTRIAL PARA O ESTALEIRO DE FENEEXPOSICIÓN DE MOTIVOSNo ano 1972 Astano era un estaleiro privado con capacidade para 350.000 Tm de aceiro e un plantel de 6.000 traballadores/as. No ano 1984 o estaleiro Astano de Fene utilizouse como moeda de cambio en Bruxelas para iniciar a reconversión naval do Estado español e facer posíbel as axudas públicas ao sector dos estaleiros públicos civís do Estado. Posteriormente, no ano 1987 prohibíuselle a construción de buques, adicándose o estaleiro á fabricación de plataformas off-shore. A prohibición sobre a construción de buques reiterouse co Plano Estratéxico de Competitividade (PEC), elaborado polo PSOE no ano 1994 e aprobado polo PP no 1997. O Goberno podía solicitar o levantamento do veto no 2002. Logo da catástrofe do Prestige, o Consello de Ministros celebrado en xaneiro de 2003 na Coruña, acordou solicitar da Comisión Europea que erguese as restricións á construción de buques á empresa denominada daquela Izar-Fene. Porén, dende agosto de 2003, despois da entrega da plataforma encargada pola empresa Statoil, as gradas de Fene están valeiras e sen carga de traballo propia. Por último, o 16 de decembro de 2004 asinouse o acordo entre a SEPI e os sindicatos estatais onde Izar Fene se integra en Navantia e no punto 4º se limita a actividade civil durante 10 anos. Asemade, a SEPI, propietaria de Navantia comprometeuse a presentar un plan industrial para a comarca de Ferrolterra, algo que a data de hoxe aínda non fixo. Por mor deste acordo producíronse 1.400 prexubilacións en Ferrol e Fene, e Navantia Fene quedou con 360 traballadores/as moitos/as deles/as transladados a Ferrol. Deste xeito Fene, con 800.000 metros cadrados, convértese nunha compañía auxiliar de Ferrol e non nun auténtico estaleiro, que está a realizar bloques para buques militares da antiga Bazán. No mes de novembro de 2005 a Consellaría de Innovación e Industria, ante a falla evidente de ocupación plena do estaleiro de Fene, propuxo ao presidente da SEPI a constitución dunha comisión para a reindustrialización de Ferrol, proposta que este aceptóu. O 5 de xullo de 2006 constituíuse a comisión formando parte dela as asociacións de empresarios/as da comarca e os tres sindicatos maioritarios. A SEPI decidíu non formar parte da comisión. O 25 de setembro de 2006 a consellaría convocou unha xuntanza desa comisión, á que a SEPI decide non asistir, e entrega aos axentes sociais un plan de viabilidade para o desenvolvemento da industria naval na ría de Ferrol, un documento aberto ás achegas dos axentes sociais, e que debía concretarse nun plan industrial concreto. En xaneiro deste ano a Consellaría de Innovación e Industria, no marco da Comisión creada a requerimento da mesma, presentou o Plan Industrial para o Estaleiro de Fene, baseado na desafectación de activos ociosos que hoxe existen en Navantia Fene, para poder construír buques civís e crear 250 postos de traballo directos e case 3.000 indirectos nun novo estaleiro. O promotor industrial desta iniciativa é a empresa Hijos de J.Barreras, e o finanzamento correría por conta de Caixanova e Caixa Galicia, co cal se demostra que se trata dun proxecto sólido e solvente. En calquera caso, a adxudicación de activos ociosos de Navantia ha de facerse mediante concurso público cos principios de competencia, publicidade e transparencia, pero queda demostrado que existe interese e proxectos serios para construír barcos en Fene. Ante a consideración de que o sector naval é estratéxico non só en Ferrolterra, senón para o futuro de Galiza, o Goberno Galego e o Parlamento teñen reiterado nas últimas semanas o apoio unánime a este Plano. É polo que solicitamos do Pleno deste concello a adopción dos seguintes ACORDOS
Barbadás, 23 de Febreiro de 2007 MOCIÓN RECLAMANDO A NON INCLUSIÓN DO VIÑO NO ANTEPROXECTO DE LEI DE MEDIDAS SANITARIAS PARA A PROTECCIÓN DA SAÚDE E A PREVENCIÓN DO CONSUMO DAS BEBIDAS ALCOÓLICAS POR MENORES EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A recente polémica suscitada pola introdución do viño no anteproxecto da coñecida popularmente como “Ley del Botellón”, vinculando este aos danos sociais que supón o consumo desordenado de bebidas de alta graduación entre @s menores de idade, constitúe unha perfeita escusa para que esta corporación reflexione sobre as repercusións socioeconómicas, políticas e culturais que derivarían da adopción de tal medida. Esta iniciativa lexislativa, alén de contradicer a “Ley de la Viña y el Vino” que define o viño como alimento natural, non semella estar baseada nunha análise rigorosa do problema que tenciona atallar. Entendemos que o viño debe ter un tratamento lexislativo especial, polas seguintes razóns: - A información, educación e formación sobre a cultura do viño permiten que se estabelezan condutas de prevención natural, que é a mellor maneira de evitar o risco de abuso do seu consumo. - Os efeitos positivos do consumo controlado de viño son aceitados e respaldados pola comunidade científica. - O cultivo do viño axuda a manter un desenvolvimento rural activo, contribuíndo ao estabelecimento de sistemas de produción sustentábeis e respeitosos co meio ambiente. Aliás, resulta importante incidir na máis que posíbel interferencia de competencias, xa que unha cousa é que desde o goberno central se designen recomendacións e outra moi diferente proibicións por lei en materias nas que Galiza ten transferidas competencias (Artigo 27, pto. 31 e artigo 33 do Estatuto de Autonomía). Outro aspecto a subliñar é que se se tenciona regular a publicidade dun produto alimenticio, como se ten definido ao viño por lei, tamén deberían ser susceptíbeis de proibición a publicidade doutros “alimentos” ou subprodutos que consumidos en exceso provocan máis doenzas, mortes e gasto social que o proprio viño. Para concluir, observar que no concello de Barbadás o viño constituiu historicamente un dos alicerces da súa economía. A falta de apoio por parte do goberno municipal, ten determinado o seu estado agónico actual. Porén, o BNG entende que as excelentes cualidades que reune o noso concello para a práctica da viticultura aconsellan unha aposta decidida desde as instancias municipais. Unha razón engadida para protestar contra unha iniciativa lexislativa que coutaría as nosas posibilidades de desenvolvimento neste sector. Por todo o exposto, o grupo municipal do BNG propón ao Pleno a adopción dos seguintes ACORDOS Reclamar do Ministerio de Sanidade a retirada do viño da listaxe de bebidas relacionadas no anteproxecto de lei de medidas sanitarias para a protección da saúde e prevención do consumo de bebidas alcoólicas, en razón a non ser unha bebida de alta graduación e polas consecuencias socioeconomicas que derivarían da súa inclusión. Barbadás, 15 de Febreiro de 2007 MOCIÓN DEMANDANDO A UBICACIÓN NO CONCELLO DE BARBADÁS DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE RECURSOS NATURAIS DO INTERIOR DE GALIZA
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A recente determinación da Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galiza de localizar o futuro Centro de Interpretación de Recursos Naturais na provincia de Ourense é unha boa oportunidade para manifestar de xeito público o interese do Concello de Barbadás en ser sede deste organismo, que ten por función oferecer información ao visitante sobre os elementos máis relevantes dos espazos naturais que posúe o noso contorno, através de proxeccións audiovisuais, exposicións de paineis, maquetas, etc. As nosas empobrecidas áreas rurais están moi necesitadas deste tipo de dotacións que estimulen a actividade turística, posibiliten a recuperación do rico patrimonio ambiental e arquitectónico que atesouramos e que funcionen, en definitivo, como un importante atractivo que torne posíbel o desenvolvimento socio-económico das freguesías do concello. Por outra parte, o teor dun Centro de Interpretación dos Recursos Naturais fai aconsellábel a localización deste nun lugar axeitado, tanto polas súas cualidades ambientais como pola orientación que desfrute. Resulta, pois, de urxencia estabelecer os contactos acaídos coas autoridades competentes para demandar a ubicación deste Centro de Interpretación da Natureza no noso Concello e oferecer os terreos municipais adecuados para a súa instalación que, ao noso entender, deberían ser os situados na parroquia de Loiro. Por todo o exposto, o grupo municipal do BNG propón ao Pleno a adopción dos seguintes ACORDOS 1.- Facer as xestións pertinentes, perante a Consellaría de Medio Ambiente, orientadas a conseguir que o Centro de Interpretación de Recursos Naturais do Interior de Galiza se ubique no Concello de Barbadás. 2.- Pór ao dispor da Consellaría de Medio Ambiente os terreos axeitados para a instalación do devandito Centro de Interpretación da Natureza, na parroquia de Loiro. As actuacións deberán prever a recuperación e posta en valor dos elementos arquitectónicos e etnográficos existentes na zona (as adegas e a aira). Barbadás, 24 de Xaneiro de 2007
MOCIÓN EN DEFENSA DA REHABILITACIÓN E POSTA EN VALOR DO CUARTEL D’AS LAMAS, PARA SER DESTINADO A EQUIPAMENTO SOCIAL E ASISTENCIAL
EXPOSICIÓN DE MOTIVOSNo lugar d’As Lamas existe un inmóbel de innegábel valor etnográfico, unha singular representación da arquitectura tradicional galega, coñecido popularmente como “O Cuartel”. Sobre este edificio, o Concello realizou recentemente unha actuación consistente na eliminación dos elementos estruturais que poderían constituir un perigo para a cidadanía: a varanda de madeira e algunhas tellas que estaban sen a debida suxeición. Logo desta intervención, o estado de conservación do inmóbel é o idóneo para que por parte das administracións públicas se poida realizar unha actuación de rehabilitación e posta en valor. No Concello de Barbadás hai unha carencia total de equipamentos públicos destinados á atención das persoas de idade e con dependencia, tais como centros de día, residenciais, ou calquer outra dotación asistencial. Estas carencias non teñen polo de agora visos de solución debido a que o grupo de goberno do PP segue a negar a posibilidade de que o noso Concello se adhira ao Consorcio Galego para a Igualdade e o Benestar, que ten como finalidade a provisión e prestación -entre outros- deste tipo de servizos sociais, e a que na programación da cámara municipal non se prevén esta clase de investimentos. Alén do anterior, cómpre engadir que os veciños e veciñas d’As Lamas non contan no seu contorno inmediato con ningunha instalación adecuada para a realización de actividades sociais, culturais, lúdicas, veciñais, etc.. No BNG temos a certeza de que o denominado “Cuartel” ten as características que o fan axeitado para ubicar nel as infraestruturas asistenciais e sociais desta natureza, tanto polo lugar no que se encontra como polas súas dimensións e estado actual. Tendo en conta as razóns expostas, o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) do Concello de Barbadás propón ao Pleno da Corporación esta moción a fin de que, previa deliberación e votación, se adopten os seguintes ACORDOS 1º.- Iniciar, de xeito inmediato, os trámites administrativos para a declaración de utilidade pública e o expediente de compra-venda e/ou expropiación forzosa sobre o inmóbel denominado “O Cuartel d’As Lamas” para o seu destino como equipamento social e asistencial. 2º.- Abrir as negociacións e xestións coa Vicepresidencia para a Igualdade e o Benestar e coas demais Consellarías implicadas, a fin de lles ceder a titularidade do inmóbel e que estas acometan as actuacións necesarias para os usos asinalados.
Barbadás, 15 de Xaneiro de 2007
MOCIÓN REQUERINDO AO GRUPO DE GOBERNO RESPONSABILIDADES POLA NON EXECUCIÓN DO COMPROMISO DA POSTA AO DISPOR DE SANIDADE DOS TERREOS AXEITADOS PARA A CONSTRUCIÓN URXENTE DO CENTRO DE SAÚDE
EXPOSICIÓN DE MOTIVOSA saúde, alén dun direito, é un ben social que a institución municipal ten a obriga de impulsar e priorizar. En sucesivas lexislaturas, o noso concello viuse afectado negativamente pola orientación neoliberal do grupo gobernante manifestada por unha indisimulada tendencia á privatización do sistema de saúde publico. Tal predisposición permitiu a limitación e o deterioramento das prestacións sanitarias e á vez derivou na ausencia dos servizos sanitarios públicos necesarios para dar resposta ás necesidades dunha poboación en constante aumento como a de Barbadás. Hai cinco meses porén parecía que, ante a proximidade das vindeiras eleizóns municipais, o grupo de goberno do PP mudaba de actitude. O 4 de Agosto de 2006, aprobamos por unanimidade un acordo polo que o sr. Alcalde se comprometía a facer as xestións conducentes a entregar á Xunta de Galiza os terreos adecuados para a construción urxente do Centro de Saúde. Cuase dous meses despois informábasenos, nun primeiro momento, que había varios construtores interesados en permutar os seus terreos para, máis adiante, acabar aseverando que se desbotaban todas as propostas e voltábase á teimosa e improcedente oferta inicial do Concello, xa rexeitada no seu día polos técnicos consultados pola Consellaría de Sanidade. Infelizmente nesta altura a situación segue igual, senón aínda pior, pois o tempo pasa sen resultados concretos da xestión demandada e non temos garantías de que as cuantías económicas reservadas desde as instancias autonómicas para este obxectivo se manteñan indefinidamente. Por todo o exposto, propomos os seguintes ACORDOS
Barbadás, 8 de Xaneiro de 2007.
MOCIÓN SOBRE O USO INADECUADO DO PODER EN BENEFICIO PARTIDISTA
Por todo o anterior, solicitamos se tomen os seguintes
Barbadás, 8 de xaneiro de 2007
MOCIÓN SOBRE A RECOLLA E O TRATAMENTO DAS AUGAS RESIDUAIS NO NOSO CONCELLO
Por todo o sinalado, solicitamos que o Pleno adopte os seguintes ACORDOS
Barbadás, 3 de xaneiro de 2007
MOCIÓN SOBRE AS CONSECUENCIAS QUE ACARREARÍAN PARA O CONCELLO DE BARBADÁS A EXECUCIÓN DA SENTENZA QUE DECLARA ILEGAL A DEPURADORA DE REZA
Por todo o sinalado, solicitamosque o Pleno adopte os seguintes ACORDOS - Adoptar as iniciativas políticas adecuadas, dirixidas á instauración dun servizo comarcalizado de evacuación e tratamento das augas residuais. Barbadás, 3 de xaneiro de 2007 MOCIÓN SOBRE A RECICLAXE DOS ACEITES DOMÉSTICOS EXPOSICIÓN DE MOTIVOS En todas as casas se emprega o aceite como ingrediente na cociña. Porén, cómpre ter en conta que os aceites usados se consideran residuos tóxicos perigosos, por representar un grave risco para a nosa saúde, os recursos naturais e o medio ambiente. As familias do Concello de Barbadás, na situación actual, só teñen dúas vías para se desfaceren destes aceites domésticos: ben botalos polo vertedoiro, ou ben xuntalos co lixo orgánico. Se se botan polo vertedoiro prodúcese un vertido destes materiais que son altamente contaminantes posto que teñen, entre outros, os seguintes efectos:
Por outra parte, o feito de mesturalos co lixo ordinario aboca á súa incineración, o que non supón a eliminación dos contaminantes, senón que simplemente os transforma en produtos distintos que envelenan o aire que respiramos. Cando se queiman os aceites usados, polas chamineas saen gases tóxicos que todos respiramos: dioxinas, furanos, chumbo e outros metais pesados. Estas substancias caen sobre os pastos e as augas, contaminan os alimentos e acumúlanse sobre todo na carne e no leite. O 23 de maio do 2001, noventa estados, entre eles o español, asinaron en Estocolmo un acordo para a erradicación da “ducia suxa”: doce compostos orgánicos persistentes, e comprometéronse a deixar de producilos. Na lista aparecen tres substancias relacionadas cos aceites usados e a súa incineración: PCB (policlorobifenilos), dioxinas e furanos. Os compostos orgánicos son persistentes, porque permanecen no medio durante décadas, son bioacumulativos (os peixes, as aves de rapina, os mamíferos e os seres humanos acumulamos progresivamente estas substancias no corpo). As concentracións baixas relaciónanse co cancro, malformacións de nacemento, desordes reprodutivas, danos nos sistemas nervoso e inmunolóxico... A doses altas poden causar a morte por envelenamento. En novembro do 2001, a Comisión Europea fixo pública a Estratexia Comunitaria sobre Dioxinas, Furanos e PCB, na que afirma que os efectos para a saúde deste tipo de substancias son máis graves do que se pensaba, e que unha parte importante das persoas estamos inxerindo nos alimentos cantidades superiores ao límite recomendado. Desde 1995, esta contaminación está aumentando. Dado que estes aceites son sinxelos de reciclar e ademais útiles (pois a partir deles obtemos produtos tan necesarios como xabóns, deterxentes, pinturas, aceites industriais e combustible diésel), sería conveniente evitar a situación actual e que o Concello lles facilitase aos veciños un sistema de recollida do aceite doméstico, coa finalidade de facer posible á súa reciclaxe. Por todo o exposto, solicitamos do pleno a adopción dos seguintes ACORDOS 1. Establecer unha rede de recollida de aceites usados no Concello, con depósitos en lugares accesíbeis para os cidadáns, como poden ser locais de hospedaría, supermercados, farmacias, etc. 2. Contactar con empresas especializadas neste tipo de reciclaxe co fin de acordar a recollida e posterior tratamento destes residuos. 3. Facer unha campaña municipal de concienciación sobre a necesidade de reciclar os aceites baseada nos efectos prexudiciais que teñen para a nosa saúde, os recursos naturais e o medio ambiente, incidindo nas súas utilidades unha vez tratados. Barbadás, 23 de outubro de 2006 MOCIÓN A PROL DA ADHESIÓN AO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR EXPOSICIÓN DE MOTIVOSO Consello da Xunta de Galiza aprobou o 15 de xuño deste ano a creación do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, para a colaboración na xestión dos servizos sociais no ámbito territorial dos concellos galegos. Neste mesmo acordo autorizouse a sinatura do Convenio para a constitución do Consorcio entre a Xunta de Galiza, a través da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e 14 concellos, convenio que levou anexos os Estatutos que estabelecen o seu réxime orgánico, funcional e financeiro. O día 3 de xullo, procedeuse á sinatura do citado Convenio de Colaboración, coa súa publicación, xunto cos Estatutos do Consorcio, no Diario Oficial de Galiza nº 131, do día 7 de xullo do 2006. O día 2 deste mes de outubro, celebrouse a sesión ordinaria do Comité Directivo do Consorcio, na que se adoptaron, entre outros, os seguintes acordos: admisión dun total de 77 concellos que solicitaran formalmente a súa adhesión ao Consorcio. En consecuencia, a día de hoxe, forman parte do Consorcio un total de 100 entidades locais -entre elas, a Mancomunidade do Ribeiro- (tendo en conta os 14 concellos que inicialmente subscribiron o convenio para a súa constitución). As primeiras estimacións que existen, en relación cos orzamentos do ano 2007, sitúanse en torno aos nove millóns de euros –ampliábeis-, que estarían destinados unicamente a sufragar os gastos de funcionamento e mantemento dos centros existentes (escolas infantís, centros de día, residencias de maiores...). Hai que aclarar, diante dalgunhas manifestacións terxiversadoras, que como consecuencia das negociacións e contactos mantidos coa FEGAMP no proceso de elaboración dos estatutos do Consorcio, estes refliten moitas das cuestións demandadas en nome dos concellos, e así o recollen os estatutos publicados no DOG do 7 de xullo, como son:
Até 2010, o Consorcio investirá máis de 130 millóns de euros na creación, rehabilitación e xestión de centros de servizos sociais. Ademais dos centros que prevé incorporar, o Consorcio permitirá a construción dun total de 121 novos centros na área de Igualdade -escolas infantís- e de 77 novos centros na área de benestar -entre residencias, minirresidencias e centros de día para a terceira idade e centros de atención á discapacidade-. Prevese que o Consorcio poida xerar máis de 4.000 empregos nos distintos concellos implicados na súa actividade. A creación do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar responde a varias finalidades fundamentais para o BNG: Necesidade de garantir a responsabilización pública e a cooperación interadministrativa na efectiva prestación de servizos sociais de ámbito local. Modificar o modelo de prestación de servizos sociais existente, co fin de paliar as deficiencias que nestes momentos presenta: Oferta insuficiente, carácter fragmentario e descontinuo a efectos de xestión e cobertura territorial. Implantación dun modelo homoxéneo na prestación de servizos sociais para garantir o acceso de todos os galegos e galegas a uns servizos sociais públicos de calidade, a través dunha oferta de recursos suficiente e equilibrada territorialmente; incremento dos niveis de cobertura, intensidade e horario de atención dos distintos servizos e prestacións; distribución efectiva dos servizos e prestacións a fin de dar resposta ás necesidades reais da poboación - equitativamente e tendo como principio de actuación o mantemento das persoas no seu entorno propio-; contribuír á mellora das condicións de vida e sociais das persoas que presentan especiais necesidades de protección social nos concellos galegos, ao respecto da súa autonomía persoal, e calidade de vida persoal, familiar e de grupo. Coa creación do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, arbítrase unha fórmula innovadora de xestión no eido das políticas de provisión de servizos sociais, orientada a garantir, en calquera caso, a prestación dun servizo de calidade e con niveis suficientes de cobertura poboacional e territorial. A Administración Autonómica forma parte do Consorcio como consecuencia de competencias que lle son propias: a planificación e programación e a ordenación e coordinación do sistema de servizos sociais galegos, en coherencia coas notas centrais que o caracterizan como sistema integrado e de responsabilidade pública. Con pleno respecto ao principio de autonomía local, a administración directa dos centros será exercida polos concellos integrantes do Consorcio que así o soliciten, e sempre de acordo coas directrices xerais emanadas deste. A prestación de servizos por parte do Consorcio non é en modo ningún substitutoria de competencias municipais, senón unha ferramenta de complementariedade e apoio para os concellos que subministra orientación estratéxica, planificación e asistencia prestacional, especialmente naqueles casos en que os concellos, previsiblemente en atención á súa imposibilidade e/ou insuficiencia na prestación, expresamente o soliciten. Por todo o dito, non comprendemos as reticencias e atrancos que o Goberno de Barbadás está a poñer ao respecto. O noso concello precisa adherirse ao Consorcio para poder participar do mecanismo máis útil para lograr que os veciños e veciñas da nosa localidade podan gozar de servizos sociais públicos de calidade e correctamente xestionados e financiados. Por todo isto propómoslle ao Pleno da Corporación Municipal a adopción dos seguintes ACORDOS
Barbadás, 23 de outubro de 2006 MOCIÓN DEMANDANDO A SOLICITUDE DE INFORME TÉCNICO Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN SOBRE A IDONEIDADE DOS TERREOS RESERVADOS NO PXOM PARA A CONSTRUCIÓN DUN INSTITUTO EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Barbadás é un dos concellos da Galiza que máis medra en número de habitantes. A poboación deste concello é das máis novas do noso País, tendo unha grande porcentaxe de poboación menor dos 20 anos. O número de nenas e nenos, menores de 12 anos, é superior aos 1.200. A pesar de todas estas cifras, Barbadás non conta aínda con prazas públicas de educación secundaria obrigatoria, nen de bacharelatos nen de formación profesional, sendo o único concello en toda Galiza con máis de 5.500 habitantes que non ten prazas no ensino secundario obrigatorio. Estes cálculos, xunto co nivel de edificabilidade actual e a prospección de incremento poboacional nos vindeiros anos, tornan evidente a necesidade de contar nun futuro próximo cun instituto en Barbadás. As autoridades educativas teñen recoñecido publicamente a pertinencia de dotar a este concello dun instituto, fixando como única condición a consolidación da matrícula no novo centro de infantil e primaria de Barbadás, aspecto este que pensamos está máis que asegurado polas razóns anteriormente aducidas. Neste mesmo Pleno tense recoñecido moitas veces, e de xeito unánime por todos os grupos políticos, a conveniencia de poder dispor dun instituto no noso concello. Consideramos que é obriga do goberno municipal pór todas as facilidades á Consellaría de Educación para que este centro se constrúa o antes posíbel. Ante a información transmitida por representantes da Consellaría de Educación a un grupo de nais e pais, representantes do Colectivo Cidadán Pro Centros de Ensino Públicos en Barbadás, de que os terreos reservados no PXOM deste concello non son aptos para a construción dun instituto, demandamos que esta información se transmita de maneira oficial a este Pleno, para nese caso buscar de inmediato outro terreo que cumpra coas características axeitadas para acoller un instituto. Por todo isto, o grupo municipal do BNG propón ao Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte ACORDO Que o grupo de goberno do Concello de Barbadás solicite oficialmente á Delegación Provincial da Consellaría de Educación en Ourense un informe técnico sobre a idoneidade ou non dos terreos reservados no PXOM deste municipio para a construción dun instituto. Barbadás, 20 de Outubro de 2006
MOCIÓN A PROL DA DEMOCRATIZACIÓN DA VIDA MUNICIPAL EXPOSICIÓN DE MOTIVOS As institucións municipais debe ser os eixos fundamentais sobre os que xire o proceso de democratización dunha sociedade. Deben, portanto, desenvolver unha política na que se dé prioridade á transparencia e á equidade, fortalecendo ao mesmo tempo os niveis básicos da organización social e da participación popular nas decisións políticas. A realidade, porén, constata que a liña política do actual grupo de goberno de Barbadás está lonxe desta visión democratizadora da vida municipal e tal circunstancia maniféstase tanto nos aspectos internos como nos relacionados coa cidadanía. As prácticas caciquís e clientelares, a propotencia e o autoritarismo, os favoritismos e o trato desigual... son situacións de uso corrente no noso concello e configuran a existencia dunha relación de desconfianza entre a entidade municipal e as/os viciñas/os. A falta de vías de diálogo e consenso con todos os axentes sociais e os constantes obstáculos ao traballo político dos grupos da oposición municipal son tamén efeitos derivados desta insustentábel conxuntura socio-política. As constantes negativas a constituir consellos sectoriais, como organismos de participación no debate, elaboración e seguimento dos programas de cada área municipal. As contratacións “a dedo”, desbotando procesos de escolla do persoal imparciais aprobados por unanimidade na cámara municipal. A teima polo controlo do movimento asociativo viciñal, dificultando os seus procesos democráticos internos, e tentando de o converter en mero títere da política partidista do grupo de goberno. Casos como os descritos tornan evidente a incapacidade dos actuais gobernantes para garantir un funcionamento institucional democrático e xustifican a toma en consideración polo Pleno da Cámara dos seguintes ACORDOS 1.- O Concello de Barbadás adopta o compromiso de posibilitar a todas as persoas unha relación igualitaria coa entidade municipal, estimular a participación colectiva na vida política, garantir a transparencia e a equidade no acceso á función pública local e nas contratacións de persoal, impulsar os valores éticos no exercicio da política e, en definitiva, avanzar no proceso de democratización real da actividade municipal. 2.- O Concello de Barbadás eliminará as prácticas caciquís e clientelares, a propotencia e o autoritarismo, os favoritismos e o trato desigual, como maneira efectiva de recuperar a relación de confianza entre a institución e as/os viciñas/os, abrindo vías de diálogo e consenso cos axentes sociais e entidades representativas da cidadanía. 3.- O Concello de Barbadás garantirá o labor fiscalizador e de controlo da institución, pondo ao dispor dos grupos da oposición os meios materiais e técnicos necesários para o desenvolvimento das súas funcións e facilitando a información pertinente en tempo e forma. 4.- O Concello de Barbadás institucionalizará a participación social, criando e pondo en marcha normas e órgaos que garantan o direito d@s viciñ@s a intervir nos asuntos que sexan do seu interese, individualmente ou através de entidades representativas. Ben mediante Consellos Territoriais (Xunta de Montes, AA.VV., ANPAs, Comunidade de Augas, Asociacións Desportivas, Culturais...), ben con Consellos Sectoriais (Sanidade, Ensino, Meio Ambiente, Cultura, Muller, Servizos Sociais, Participación Social...). 5.- O Concello de Barbadás comprométese a estabelecer unha dialectica Movimento Asociativo – Institución Municipal democrática e participativa, potenciando a constitución de organizacións sociais fortes e representativas, dándolle protagonismo ao asociacionismo e recoñecendo, como resultado de procesos democráticos internos, a súa representatividade. Apoiará, igualmente, todo tipo de práticas tendentes a reforzar a unión entre @s viciñ@s.
Barbadás, 7 de Setembro de 2006
MOCIÓN EN FAVOR DA RECUPERACIÓN PÚBLICA DA MEMORIA HISTÓRICA DA REPRESIÓN FRANQUISTA EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Este ano 2006 foi declarado pola Xunta da Galiza como “Ano da Memoria”. A intención desta declaración é render homenaxe e facer xustiza con todas as persoas que sofreran a represión do franquismo, por defenderen valores democráticos que na actualidade están plenamente recoñecidos. É, aliás, unha boa ocasión para restaurar definitivamente a dignidade e recuperar a memoria -silenciada no decorrer de catro décadas de longa noite de pedra- de todas aquelas persoas asasinadas, perseguidas e castigadas pola ditadura de Franco. O concello de Barbadás, encadrado segundo os sediciosos fascistas dentro do “cinto vermello da capital de Ourense”, tamén padeceu en propria carne a actividade da maquinaria represiva do réxime franquista, das milicias paramilitares e falanxistas: persoas encarceradas, torturadas, fusiladas após xuizos sumarísimos, cuneteadas ou paseadas nas estradas polo consumado delito de teren certas simpatías políticas, pertenceren a determinadas organizacións agrarias, sindicais, políticas… ou, simplesmente, mantérense fieis á legalidade constitucional republicana. Embora vaian transcorridas varias décadas desde que aconteceran aqueles feitos, imponse agora a tarefa da recuperación pública da memoria histórica da represión fascista para acabar co tan inxusto pacto de esquecimento e levar a cabo o recoñecimento social, político e institucional das vítimas e dos represaliados polo franquismo. En razón ao anteriormente exposto, solicitamos do Pleno a adopción dos seguintes: ACORDOS
Barbadás, 16 de Xuño de 2006 MOCIÓN DESACONSELLANDO O USO DE PESTICIDAS QUE MATAN ÁS ABELLAS EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Desde fai 7-8 anos vense rexistrando en Galiza, unha alarmante desaparición de abellas, coincidindo coa posta no mercado e uso masivo dunha nova xeración de pesticidas sistémicos neurotóxicos na agricultura, ata o punto que hai zonas de Galiza onde xa desapareceron máis do 80% das colmeas. Este problema, que vai a máis de ano en ano, está a punto de causar un desastre ecolóxico xa que o 80% das plantas con flores precisan das abellas para ser polinizadas e dar novos froitos, sementes e novas plantas, causando un grave problema á biodiversidade. Segundo a FAO, o 30% da alimentación humana depende da presenza das abellas nos nosos campos. O profesor Belpomme da Universidade de Paris -oncólogo eminente- referente aos pesticidas e á saúde humana, afirma: “Hoxe podemos dicer que existe unha relación entre pesticidas e cancro, parkinson entre xente nova, malformacións conxénitas do aparello reproductor, infertilidade masculina e problemas nervosos”. Polo tanto, tamén é un problema de saúde pública. O uso destes pesticidas, que teñen como principio activo o “fipronil”, ou “imidacloprid” e aparecen cos nomes comerciais de “Regent” e “Ga | ||||||||||||||||||||||||||||||||