|
FREIRE
COUTO DESCOÑECE QUE A AMPLIACIÓN DA GARDERÍA XA ESTEA EN FUNCIONAMENTO
No pleno ordinario de 27 de
febreiro, o alcalde manifesta descoñecer que a ampliación da gardería
municipal (mais de xestión privada) prevista en 40 prazas, xa
está funcionando parcialmente, cun incremento de 20 prazas, desde hai
un mes.
Freire Couto manifesta que é
imposíbel que os nenos e nenas estean nas novas instalacións porque
aínda non se contratou persoal e falta mobiliario.
Este é un exemplo máis dos moitos
que se poderían expor sobre a deixadez de funcións que vivimos nos
últimos tempos no noso concello.
Un servizo municipal que funciona ao
libre albedrío dunha empresa sen que os funcionarios municipais
coñezan o seu funcionamento.
Nós preguntámonos se estarán en
regra todos os seguros de responsabilidade civil, e se a nova parte
cumpre coa lexislación vixente en canto a ratios de profesores/as por
neno/a, medidas de seguridade, etc. |