|
Contacta connosco
barbadas@bngbarbadas.org"
O Galo, voceiro do BNG de Barbadás


|
|
A
DECIDIDA LOITA DOS VICIÑOS DE BENTRACES POLA PROPIEDADE DA AUGA, OBTÉN
MERECIDA RECOMPENSA.
Após anos de pelexar polo que
lexitimamente lles pertencía, contra o despotismo dun goberno municipal
vendido aos intereses das empresas privadas, os viciños de Bentraces veñen
de facer valer os seus direitos sobre o aproveitamento da auga procedente
de tres manantiais e un pozo nos lugares de Balibón, A Veiga e O Barreiro.
Con efeito, a Sala do
Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Asturias
-con data 27 de Maio de 2004- falla a favor da Comunidade de Usuarios de
Bentraces e a Confederación Hidrográfica do Norte vese obrigada -o pasado
16 de Decembro de 2005- a outorgarlle aos viciños a concesión das augas
para uso doméstico.
O BNG, que sempre apoiou esta xusta loita
do pobo de Bentraces, felicita aos viciños que conseguiron con firmeza e
tesón esta importante vitoria e anímaos a manterse unidos contra o
caciquismo.
|
|


O BNG colabora co
Colectivo Cidadán Pro Centros Públicos en Barbadás.

|