|
Contacta connosco
barbadas@bngbarbadas.org"
O Galo, voceiro do BNG de Barbadás


|
|
O BNG DEMANDA UN
SERVIZO COMARCALIZADO PARA A EVACUACIÓN E TRATAMENTO DAS AUGAS
RESIDUAIS
A embarazosa situación en que o PP ten colocado ao noso
Concello neste tema, só admite para os nacionalistas estas tres opcións:
1ª.- Concertar co Concello de Ourense os prazos e
cuantías necesarios para o pertinente pagamento da díbida contraida con
este, en conceito do vertido na súa rede de sumidoiros e polo saneamento e
depuración das nosas augas residuais.
2ª.- Dar prioridade absoluta ao saneamento integral do
concello, xestionando coa Administración Autonómica –como primeira medida-
o estabelecimento dunha EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) no
territorio de Barbadás, procurando o menor impacto ambiental posíbel na
súa ubicación e construción.
3ª.- Arbitrar as iniciativas políticas adecuadas,
dirixidas á instauración dun servizo comarcalizado de evacuación e
tratamento das augas residuais que facilite unha prestación máis universal
e equilibrada.
|
|


O BNG colabora co
Colectivo Cidadán Pro Centros Públicos en Barbadás.

|