"BARBADÁS depende de ti"

cénsate
Os concellos precisan cada vez máis financiamento para poder asumir un maior número de completencias. Para o ano 2006 a Xunta incrementou o Fondo de Cooperación Local nun 20,6% e creou un fondo complementario de 6 millóns de euros para distribuír entre os concellos, segundo os criterios que se determinaron na Comisión Galega de Cooperación Local.
Boa parte deste Fondo distribúeo a Deputación entre os concellos baseándose nunha serie de parámetros, entre eles o número de habitantes.
Esta variábel tamén ten incidencia na participación dos ingresos do Estado (PIE). No sistema de reparto que se establece para os municipios con poboación inferior aos 75.000 censados, o 75% dos fondos distribúese en función do número de habitantes de dereito.
É, portanto, unha evidencia que o padrón de habitantes resulta relevante á hora de percibir fondos doutras administracións.
O municipio de Barbadás está a vivir un importante medre poboacional que, apesar diso, non se reflite nos datos estatísticos.
Aínda que oficialmente acadamos os 9.000 censados, a realidade é que no noso concello superamos amplamente os 10.000 residentes.
Consciente desta situación, o BNG decidiu pór en marcha unha campaña informativa na que se anime aos/ás residentes no municipio a censarse en Barbadás.
Alén das consideracións orzamentarias, no BNG cremos que tod@s temos o compromiso coa sociedade da participar na vida pública a través das súas institucións democráticas.
É ben certo que en Barbadás faltan servizos esenciais como instituto, pavillón, piscina cuberta, zonas verdes, parques de xogo infantís, oferta cultural de calidade, museos, roteiros sinalados, etc.
Para poder participar na vida democrática do concello e poder decidir co teu voto quén queres que te represente no goberno municipal, é indispensábel que esteas censad@ en Barbadás.
|