|
 




 

 
 |
|
O CONCELLO DE BARBADÁS VOLTA CONTRATAR AOS SOCORRISTAS DA
PISCINA MUNICIPAL SEN FACER CONVOCATORIA PÚBLICA
Máis
un ano, o concello de Barbadás contratou dous socorristas sen mediar
convocatoria pública, é dicer, seguindo as bases de contratación do
“enchufe”.
Os argumentos
esgrimidos polo alcalde tamén se volven repetir.
As piscinas
municipais adiantan a data de abertura ao mes de Xuño e non hai tempo de
facer unha convocatoria pública.
As dúas
persoas contratadas tamén son as mesmas que prestaron o servizo en anos
anteriores.
Desde o BNG
denunciamos, máis unha vez, a falla de transparencia nas contratacións que
se fan en Barbadás e a vulneración dos direitos que toda persoa ten de
acceso a un posto na administración ao non cumprirse os principios
básicos de publicidade, mérito e capacidade.
O desprezo
do alcalde, X. M. Freire Couto, polas regras do xogo democrático chegan
ao extremo de non cumprir nen o que él mesmo suscrebe, xa que en Abril do
ano 2000 o PP aprobou unhas bases para a contratación, por concurso, de
persoal laboral temporal; bases que, neste caso coma noutros, pasa polos
fuciños.
Barbadás, 5 de xullo de
2006
|
|


O BNG colabora co
Colectivo Cidadán Pro Centros Públicos en Barbadás.
 |