Web oficial do BNG

Galiza Nova

A Estrada

Agolada

Salceda

Lalín

 

 

 

 

 

 

 


 

 

OS PARTIDOS DA OPOSICIÓN EN BARBADÁS RECLAMAN DO ALCALDE A IMEDIATA CONVOCATORIA DUN PLENO PARA, ABANDONANDO AS TÁCTICAS DIFAMATORIAS, PARTIDISTAS E ELEITORALISTAS, SE DEFENDA INSTITUCIONALMENTE A MELLORA DA SANIDADE PÚBLICA NO NOSO CONCELLO           

O BNG e o PsdeG-PSOE no concello de Barbadás exixen do alcalde, Freire Couto, o imprescindíbel sentido institucional que permita desterrar vellas práticas sectarias e populistas, asumindo o necesario consenso entre todas as forzas socio-políticas, no camiño de alcanzar unha mellora sustancial na atención sanitaria da cidadanía. 

Neste senso, reclaman do Presidente da Cámara Municipal a celebración dun Pleno Extraordinario e Urxente  no que, previa deliberación, se alcancen os seguintes acordos

1º.- O Concello de Barbadás insta á Consellaría de Sanidade a que axuste o nivel asistencial do Centro de Saúde  ás necesidades e demandas d@s usuari@s. Neste senso, e atendendo á sobrecarga que suporta o persoal médico e de enfermaría do consultorio, requirimos das autoridades sanitarias que se proceda a unha ampliación da plantilla, incorporando un/ha novo/a médico/a e un/ha novo/a enfermeiro/a

2º.- O Concello de Barbadás comprométese a pór ao dispor da Consellaria de Sanidade, no prazo máis breve posíbel, os terreos axeitados para a construción urxente do novo Centro de Sáude

3º.-  O Concello de Barbadás criará, sen demora, o Consello Municipal de Saúde para estimular  e viabilizar a participación activa da comunidade local na xestión e planificación sanitaria do concello. 

4º.-  O alcalde de Barbadás, en representación do grupo de goberno, pediralles publicamente desculpas aos partidos da oposición pola campaña difamatoria e intoxicadora levada a cabo polo PP contra estes. 

5º.-  O Concello de Barbadás retirará, de xeito imediato, as faixas aéreas inxuriosas distribuídas por todo o termo municipal.

Barbadás, 3 de Agosto de 2006

 Asdo.:   Xosé Manoel Alonso Noceda

              Porta-voz do BNG en Barbadás

 

 

 

 

 

 

 

 
     


 

 

 

 

 

 

 

 

O BNG colabora co Colectivo Cidadán Pro Centros Públicos en Barbadás.


Estadisticas web