Contacta connosco

barbadas@bngbarbadas.org"

O Galo, voceiro do BNG de Barbadás

 

 

 

 

 

 


O CONCELLO DE Ourense reclamA  1.500.000  EUROS AO DE BARBADÁS por utilizaR DURANTE CINCO ANOS, de xeito gratuito, a SÚA rede de sumidoiros e a depuración das augas residuais.

 O tratamento dos residuos líquidos é un servizo básico que deben emprestar os concellos  e, portanto, tiña que ter sido unha prioridade absoluta para o goberno municipal de Barbadás.

Porén, o grupo de goberno do PP fixo deixazón das proprias obrigas, actuando con neglixencia e falta de previsión, o que levou a acumular esta grande díbida co concello de Ourense.

Vímonos servindo gratuitamente desde hai cinco anos dos servizos de saneamento de Ourense, nunha actuación de manifesta irresponsabilidade. Pasamos dunha desidiosa situación de carencia total de servizos a outra oportunista de usar os dos demais, ignorando as contrapartidas.

 

 

 

 

O BNG colabora co Colectivo Cidadán Pro Centros Públicos en Barbadás.