|
Contacta connosco
barbadas@bngbarbadas.org"
O Galo, voceiro do BNG de Barbadás



|
|
O PP SOLICITA NA XUNTA QUE SE DETRAIA UN
MILLÓN DE EUROS DO NOVO COLEXIO DE INFANTIL E PRIMARIA DE BARBADÁS
Sabías que…
o PP
ten apresentada unha enmenda aos orzamentos da Xunta
de Galiza para o ano 2006 na que solicita
que se detraia un millón de euros do crédito destinado á
construción do novo centro de ensino infantil e primario d’a Valenzá,
cando o
orzamento xa consignado ascendía a 2.050.000 €.
Pois
si, despois de o pleno do pasado 2 de decembro ter aprobado, por
unanimidade, unha moción do BNG exixindo o urxente
inicio das obras para que estexa operativo o novo ceip no próximo curso
2006-2007, esta pretensión de rebaixa do pp dá
clara mostra da sua falta de compromiso coas necesidades sociais e cos
intereses da maioría da poboación e supón máis unha burla ante as
demandas da cidadanía.
Ao pedir esta severa redución no diñeiro destinado ao
centro público, o PP está a demostrar o seu
declarado apoio ao negocio do ensino privado que será, en definitivo,
quen se aproveite desta medida.

Terreos onde irá o novo centro de infantil e primaria de
Barbadás, no Ruxidoiro.
|
|


O BNG colabora co
Colectivo Cidadán Pro Centros Públicos en Barbadás.
 |