Contacta connosco

barbadas@bngbarbadas.org"

O Galo, voceiro do BNG de Barbadás

 

 

 

 

 

 

 


 


 

O ALCALDE DE BARBADÁS CONVERTERÁ EN  FUNCIONARIOS AOS SEUS ENCHUFADOS NO CONCELLO 

O concello de Barbadás convoca  4 vacantes de auxiliares de administrativo e 1 de administrativo polo proceso de concurso-oposición. Os nacionalistas advertimos un claro intento por parte do Sr. Freire Couto de deixar colocada a súa xente, ante a posíbel perda da maioría absoluta que cada vez parece ter máis clara.

 Se desde o BNG concordamos coa necesidade de que os traballadores teñan estabilidade laboral, neste caso concreto -ao estar o proceso viciado de raíz- denunciamos que a provisión das prazas siga o proceso de concurso-oposición e máis cando a fase de concurso puntúa o 40% -a porcentaxe máxima permitida pola lexislación-. Hai que ter en conta que a maior parte dos traballadores actuais son enchufados do alcalde que entraron a traballar no concello sen mediar convocatoria pública hai xa anos e, polo tanto, apreséntanse xa con eses 40 puntos gañados. Parten en situación de vantaxe fronte a todos aqueles aspirantes que queiran acceder a un posto no concello de Barbadás.

       Todo isto resulta se cabe máis noxento de termos en conta que a secretaria-interventora do concello non tivo nengún reparo en manifestar durante un pleno que ela mesma iría preparando aos aspirantes –traballadores actuais no concello-, indicándolles o temario que tiñan que preparar así como aconsellándoos sobre os cursiños que poderían facer relacionados coa praza. Rematou a sua intervención afirmando que cando eles se sentiran preparados tirarían as vacantes a concurso.

         En definitivo, fica patente que os enchufados parten con grande vantaxe a respeito do resto dos cidadáns. E semella para nós evidente que a intención do Sr. Alcalde é deixar ao persoal  do PP colocado de xeito vitalicio no concello, porque prevé a posibilidade de non revalidar a maioría absoluta.

 Próximamente, tamén se fará pública a convocatoria de dúas prazas de policia local e unha de traballador/a social. O proceso será, ao igual que nos anteriores casos, por concurso-oposición.

 

 

 

 

 

 

 

O BNG colabora co Colectivo Cidadán Pro Centros Públicos en Barbadás.