→O BNG de Barbadás
O BNG de Barbadás
Grupo Municipal
Consello Local
Novas municipais
Mocións presentadas polo BNG
→Parroquias
Loiro
Bentraces
Sobrado do Bispo
Parada
Piñor
Barbadás
A Valenzá
O Pontón
→O BNG en internet
Web Nacional do BNG
Galiza Nova
O BNG nos medios
→Voceiros do BNG de Barbadás
"O Galo" marzo de 2006

Revista Barbadás.2003

→Seccións
Horario autobuses
Paradas de taxis


LOIRO

aO BNG DEFENDE A PROMOCIÓN DO TRANSPORTE PÚBLICO NO RURAL

O BNG volveu solicitar do goberno municipal  medidas encamiñadas á promoción do transporte público no rural.
Non parece lóxico que mentres aos usuarios do Anpián que utilizan o bus desde a Valenzá se lles subvenciona o billete,  os veciños que viaxan no   Alfer e os de Anpian desde Loiro, Bentraces e Sobrado teñan que pagalo íntegramente.
Das arcas municipais saen mensualmente máis de 9000 € para a subvención do transporte público.
No BNG pensamos que por pouco máis podería subvencionarse o transporte de todo o concello.
O BNG defende todas as actuacións que potencian o uso do transporte público mais o que está acontecendo en Barbadás ben pode cualificarse de trato discriminatorio para boa parte da poboación.

        O descontento entre os viciños de Loiro é notorio polo funesto resultado das obras de construción de paseos para viandantes ao longo da súa travesía principal .

O BNG PIDE A CATALOGACIÓN, INVENTARIADO, REHABILITACIÓN E POSTA EN VALOR DOS CANASTROS DE LOIRO

No BNG cremos que a defensa das nosas señas de identidade e da cultura popular son o alicerce no que debemos basear o potenciamento e posta en valor do noso patrimonio.

     Por iso o BNG recuperará para o uso e aproveitamento cidadán o patrimonio cultural que os/as nosos/as pasados/as nos deixaron.

 

 

 

 

 

 

O BNG colabora co Colectivo Cidadán Pro Centros Públicos en Barbadás.