![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
PROSPERAN AS XESTIÓNS PARA A MELLORA DO SERVIZO ELÉCTRICO EN BENTRACES Recentemente, puxéronse en funcionamento as melloras do servizo de suministración eléctrica en Bentraces, coa instalación dun novo centro de transformación que incidirá positivamente na cualidade do fornecimento de electricidade á localidade. Esta obra que contou cun investimento de cuase 150.000 €, cofinanciada pola Consellaría de Inovación e Industria, fora demandada ao longo de varias lexislaturas polo grupo municipal do BNG atendendo ás queixas dos viciños de Bentraces e só agora, coa chegada ao poder autonómico do nacionalismo, é executada esta importante necesidade. O BNG congratúlase do éxito desta xestión e comprométese a intensificar os seus esforzos para que o cambio galego tamén chegue ao NOSO concello. |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||