Web oficial do BNG

Galiza Nova

A Estrada

Agolada

Salceda

Lalín

 

 

 

 

 

 

 


 

INFORMACIÓN DO PLENO EXTRAORDINARIO CONVOCADO POR BNG E PSOE PARA TRATAR O TEMA DA ASISTENCIA SANITARIA EN  BARBADAS

       No pleno celebrado o dia 4 de agosto, a instancias da oposición, conseguiuse arrincar ao pp dous claros compromisos que, de seren levados a cabo, poderían supor un importante avance para a mellora da sanidade pública do noso concello. 

         En primeiro lugar, acordouse instar á consellaria de sanidade unha ampliación de plantilla,  incorporando  un/ha novo/a   médico/a    e   un/unha   novo/a   enfermeiro/a  ao  actual dispensario de saúde,  para atender a sobrecarga que suporta o persoal médico e de enfermaría. 

         En segundo lugar, conquistouse o compromiso do grupo de goberno do pp de pór ao dispor de sanidade, no prazo máis breve posíbel, os terreos axeitados para a construción urxente do centro de saúde. 

         Porén,  o pp negouse a constituir o consello municipal de saúde,  para estimular e viabilizar a participación activa da cidadanía na xestión e planificación sanitaria do concello.

         Infelizmente,  tamén  o sr. alcalde recusou retractarse da campaña de inxurias e calunias contra  a oposición municipal.

 

 

 

 

O BNG colabora co Colectivo Cidadán Pro Centros Públicos en Barbadás.


Estadisticas web