→O BNG de Barbadás
O BNG de Barbadás
Grupo Municipal
Consello Local
Novas municipais
Mocións presentadas polo BNG
→Parroquias
Loiro
Bentraces
Sobrado do Bispo
Parada
Piñor
Barbadás
A Valenzá
O Pontón
→O BNG en internet

Ligazóns

→Voceiros do BNG de Barbadás


"O Galo" Número 2 Outubro de 2006

"O Galo" Número 1 Marzo de 2006

Revista Barbadás.2003

→Seccións
Horario de autobuses
Paradas de taxis

 

 

O PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL APROBADO POLO PP FAI DESAPARECER ZONAS VERDES E PARQUES INFANTÍS NA VALENZÁ

sXa comezamos a contemplar as consecuencias do PXOM aprobado en solitario polo PP no ano 2002. Daquela o BNG denunciara que era un plan feito á medida dos construtores e dirixido por estes (algúns deles, concelleiros do PP no goberno local).

            No plan pódese observar que se van construír 25 edificios de 8 alturas máis baixo e 7 edificios de 6 alturas máis baixo, desde a zona dos Carrís ata Vilaescusa.

            O que non contempla o plan é espazos para parques infantís, nen unha zona verde grande para esparcemento.  E moito nosa tememos que o solar reservado para instituto non sexa o apropiado polas condicións do terreo, cunha gran pendente, o que pode ocasionar que os técnicos de educación o rexeiten, como xa pasou cos terreos do centro de saúde.

Outra zona verde que desaparecerá coa construción dos novos edificios será a que se atopa nos Carrís, xusto debaixo da piscina. Esta preciosa carballeira, con outras especies arbóreas como salgueiros, nogueiras e freixos, quedará reducida a un espazo mínimo.

 

 

 

 

O BNG colabora co Colectivo Cidadán Pro Centros Públicos en Barbadás.