|
MOCIÓN RELATIVA
AO ESTADO DA RUA DO VISO DA VALENZÁ E ARREDORES



Reis
Rodríguez Do Pazo, Susana María García Rodríguez e Xosé M. Alonso Noceda,
integrantes do grupo municipal do BNG de Barbadás, ao abeiro do disposto na
LRBRL e demais disposicións de concordante aplicación, apresentan para o seu
debate e aprobación a seguinte MOCIÓN
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS
Hai xa
dous anos que comezaron a construirse edificacións na Rúa do Viso d’A
Valenzá. Dous anos nos que os viciños residentes na zona e todos aqueles que
transitan por esta vía teñen que soportar a suxidade que provocan as obras,
a ocupación da calzada con entullos e material de construción e incluso a
desaparición de parte da estrada, co conseguinte perigo para peóns e
vehículos por ficar a vía só habilitada para un carril.
A estes
problemas compre engadir os derivados da forte presenza de pó nos días secos
que repercute negativamente na saúde do vicindario, nomeadamente naquelas
persoas aqueixadas de afeccións respiratorias e alerxias.
Nestas
últimas semanas a caótica situación vese agravada polas obras que se están
levando a cabo no polígono AR-3.
A
deixadez de funcións que mostran os responsábeis municipais é evidente,
máxime se temos en conta que esta corporación aprobou unha ordenanza que
regula a ocupación de terreos de uso público na que específicamente se
recolle que “cando con ocasión dos aproveitamentos regulados nesta ordenanza
se produciran desperfectos no pavimento, vía pública, instalacións ou bens
de uso público, os titulares estarán obrigados a reparar ou reconstruir os
danos causados. Se os danos fosen irreparables o concello será indemnizado”.
Son
moitas as denuncias que xa se fixeron chegar ao concello por parte dos
afectados e moitos máis os viciños que, coa súa asinatura, queren manifestar
o seu malestar coa situación insustentábel que se vive nesta zona.
Por
todo o anteriormente exposto, solicitamos do Pleno a adopción dos seguintes
ACORDOS
1-
As autoridades municipais obrigarán ás empresas
que operan na zona –e en futuros emprazamentos- a manter limpas as rúas e a
retirar os entullos e materiais de construción que invaden a calzada.
2-
No caso
de ter que ocupar a vía pública con valos, andamios e outras instalacións
análogas, sinalizaranse convenientemente.
3-
A policia local controlará o tránsito de
camións e máquinas excavadoras que continuamente interrompen a intersección
da Rúa do Viso coa Avda. de Celanova.
4-
Exixirase o emprego de mecanismos axeitados
para evitar ou minorar as concentracións de pó, froito das excavacións que
se están a realizar na zona.
Barbadás,
30 de Marzo de 2006. |