Contacta connosco

barbadas@bngbarbadas.org"

O Galo, voceiro do BNG de Barbadás

 

 

 

 

 

 


SEVERO   QUINTAS   FERNANDEZ:  IN MEMORIAN

O pasado 14 de Fevereiro fixo dous anos que faleceu o compañeiro Severo de Barbadás. Ainda teño fresca a lembranza dun home entusiasta, de grande corazón e que amaba profundamente a sua/nosa pátria.

 O Severo foi un auténtico propulsor do nacionalismo en Barbadás. O Antón (Sanchez Ribeiro) ten-me comentado muitas veces que, antes de existir un grupo organizado do BNG no concello, cando se convocaba un acto en Barbadás sempre estaba presente o Severo.

 Foi un home progresista, invulgar na freguesia que o viu nascer. Fervian-lle as ideias. A sua especial sensibilidade por calquer manifestazón da cultura popular, levou-no a mercar e restaurar várias casas n’O Regueiro –lugar onde vivia- e mantivo até o último momento a ideia de reabilitar persoalmente a sua vivenda d’Os Muiños para que servise de modelo, perante a teimuda oposizón do alcalde que ameazara con expropriar-lla. Pintaba e era un bon amigo do escultor Baltar. Pouco antes de morrer tentara, de xeito infrutuoso, que o concello se fixese cunha casa brasonada (a “Casa da Tindeira”) para ser reabilitada e convertida en Centro Social e Museu do Viño.

 Para min que o tratei durante 15 anos foi un conselleiro, un compañeiro e un amigo. Sempre disposto a axudar e muito crítico co caciquismo local.

 Poderian-se dicer muitas mais cousas del; contodo, penso que abonda. Fica-me o seu exemplo, a sua humanidade e xenerosidade e a sua entrega desinteresada a este proxecto político.

 Din que hai mortos que nunca morren:  o Severo é un deles!.

 Rube  

 

 

 

 

O BNG colabora co Colectivo Cidadán Pro Centros Públicos en Barbadás.