Contacta connosco

barbadas@bngbarbadas.org"

O Galo, voceiro do BNG de Barbadás

 

 

 

 

 

 

 


 

   

O BNG FARÁ UNHA PROPOSTA DE CONXUNTO PARA O TRANSPORTE INTERURBANO

O Bloque Nacionalista Galego realizará unha proposta de conxunto para o transporte interurbano depois de analizar toda a documentación aportada aos distintos concellos desde a Xunta de Galiza e o próprio Concello de Ourense.

Unha xuntanza de traballo entre os responsábeis municipais do BNG nos Concellos de Ourense, Coles, Amoeiro, Punxin, Barbadás, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Toén, a Peroxa,Paderne de Allariz e Nogueira de Ramuin. O obxectivo dos nacionalistas é examinar en conxunto a documentación existente e adoptar as iniciativas que parezan oportunas de xeito colectivo e coordenado nas distintas instáncias municipais e, de considerá-lo necesário, tamén autonómicas.

No exame prévio da documentación remitida pola Xunta de Galiza e dos informes dos técnicos de tránsito e da Policia Local de Ourense, o porta-voz municipal do BNG no Concello de Ourense, Alexandre Sánchez Vidal, destaca que “toda a planificación está totalmente condicionada pola ubicación do intercambiador de Tras-Alameda”. Esta ubicación é cualificada polo xefe da Policia Local, como “a peor zona da cidade”.

A partir disto, todas as propostas (tanto da Xunta como as apresentadas polo próprio Concello) crian, a xuízo de Sánchez Vidal, conflitos irresolúbeis de tránsito e accesibilidade tanto para o chamado “corredor do Sul” (Progreso-Marcelo Macías-Avda. Portugal-Dtor. Fléming-Ervedelo) como o “corredor do Norte” (fundamentalmente Praza do Couto-Parque San Lázaro-Posio-Avda. Santiago).


Os próprios técnicos falan nestes corredores de 160 autobuses sen contarmos cos buses municipais a razón de 20 buses/hora circulando por todo o entramado urbano de ruas da cidade. Hai momentos do dia en que se poderian xuntar nunha única parada até seis autobuses ademais dos urbanos.


Por outra banda, non se fai nengunha referéncia á coordinación coa modificación de liñas e frecuéncias necesárias dos itinerários dos buses periurbanos e a sua mellor conexión cos centros neurálgicos de dotacións e servizos demandados pola cidadania. Neste sentido a proposta require, en opinión do responsable do BNG, “dunha reformulación na sua globalidade”.

 

 
     


 

 

 

 

 

 

 

 

O BNG colabora co Colectivo Cidadán Pro Centros Públicos en Barbadás.