![]() |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O BNG de Barbadás denuncia a proliferación de vertedoiros ilegais en todo o concello e a apatía amosada ante estes actos por parte do grupo de goberno. O grupo nacionalista de Barbadás denuncia que recentemente se teñen producido verquidos de neumáticos en distintos lugares do noso concello, entre os que temos constatado os seguintes: 1- No antigo campo de fútbol do Furón, na parroquia de Barbadás. 2- No camiño da Moura, a carón do repetidor –parroquia de Barbadás-. 3- No mesmo camiño da Moura, en dirección a Sobrado. 4- Nun monte do Fonsillón, ao carón duns chalés. Tamén queren facer constar as queixas veciñais en relación a outros verquidos existentes no concello (colchóns, electrodomésticos, restos de obras, etc.). Xunto coa contaminación ambiental e a mala imaxe do concello supoñen un problema de saúde para os veciños e veciñas, así como un risco enorme como foco de propagación de lume no monte, sobre todo, neste días de sequía que estamos a padecer. Por todo o exposto o BNG solicitaralle ao Alcalde, Freire Couto, que ordene ás brigadas municipais a recollida inmediata dos neumáticos e a limpeza do resto dos verquidos que se espallan sen control ao longo do noso territorio. Os nacionalistas esixen tamén que se fagan as xestións oportunas para darlle un destino final acaído a estes residuos e que se denuncien ante o Seprona estes actos vandálicos para clarificar quen ou quenes son os responsables e adoptar así as medidas sancionadoras que sexan de aplicación.
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||